mércores, 8 de febreiro de 2017

Cinema e Muller. Xisela Franco



Visións é unha película que consta de dez curtametraxes realizadas por cineastas da provincia de Pontevedra. Dez olladas xenuínas onde cinema e arte se funden nunha produción íntima e poliédrica.

Esta iniciativa é un exemplo do que se pode facer para fomentar a construción de discursos narrados por mulleres. Porque se a linguaxe constrúe o mundo, e o audiovisual é unha linguaxe hoxe sabemos esencial, ás mulleres quédalles por de nir unha boa parte da súa historia. A realidade é que sen creadoras o imaxinario audiovisual das mulleres queda amputado, desexando pronunciarse para contribuir á creación dunha sociedade máis xusta. 

Domingo ás 19h 3,5€



venres, 9 de decembro de 2016

camiño dos faros

O Camiño dos Faros é unha pista de sendeirismo que une os 200 quilómetros que hai entre Fisterra e Malpica pola beira do mar. Unha estrada que ten o mar como un importante protagonista e pasando por todos os faros e principais atraccións da Costa da Morte.
Un camiño dos Faros que percorre moitas paisaxes diferentes, sempre mirando de fronte ao mar e de fronte ao oeste. Faros, praias, dunas, ríos, acantilados, bosques, estuarios con lotes de aves, granito mares, fortes, dolmens, vilas de pescadores, con vistas ao mar que rompe de todas as formas posibles, o solpor ... unha pista de sendeirismo como poucos e levar o camiñante a un mundo de sensacións únicas que só pode ser apreciado na Costa da Morte.
Non perdades o roteiro virtual desta fin de semana, unha visita entre Malpica e Fisterra en menos de hora e media, o domingo ás 19h!



http://www.caminodosfaros.com



martes, 15 de novembro de 2016

"Fíos Fóra" Illa Bufarda, CANS TODO O ANO

Segunda proxección do programa "Cans todo o ano" froito da colaboración entre o Festival de Cans e  o Rebobina Cineclube.
Para esta sesión imos contar cun documental sobre o sector téxtil galego "Fíos Fóra", dirixido polo colectivo Illa Bufarda, un colectivo centrado na creación e comunicación audiovisual e en galego.
Por moi finos que sexan, detrás de tódolos fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema.

 Lembrade que para as proxeccións incluídas no programa de "Cans todo o ano" non son válidos os bonos por sesións do Rebobina!

xoves, 20 de outubro de 2016

"Las altas presiones" de Ángel Santos no ciclo de "Cans todo o ano" do Rebobina e do Festival de Cans




Esta finde comezamos o ciclo de "Cans todo o ano" con "Las Altas Presiones", de Ángel Santos, e facémolo ao grande porque estreamos proxector e reproductor para non perder detalle das próximas creacións que pasen polo Rebobina Cineclube. 
Velaquí vos deixamos unhas palabras do director de "Las altas presiones":


"A veces uno tiene la intuición de que en una película debería caber de todo. Quizá alguien ya lo haya dicho antes…Entonces, en lugar de limitarse a ser un contenedor para unas líneas argumentales más o menos predecibles, o un discurso ante una audiencia pasiva, esa película debería parecerse más a una charla entre amigos en la que se hable al mismo tiempo y en el mismo tono de las relaciones sentimentales, las frustraciones y alegrías de la vida, de las crisis o del futuro. 'Las altas presiones' quiere ser una de esas películas. Una que parezca un viaje, en el que lo importante no sea llegar de un punto a otro, sino el propio trayecto, la deriva. Un cine que parta de lo íntimo, que hable de nosotros como individuos y como generación, pero también como un grupo de personas haciendo una película aquí y ahora. Con ilusión y esperanza."  
Ángel Santos, Director.
Ademais, contaremos coa presenza do propio Ángel Santos para a presentación da película, así que comezaremos ás 19h pero proxectaremos a peli cando rematesmo de falar con Ángel.

'Las Altas Presiones' es la producción más ambiciosa de Matriuska hasta la fecha. Una película necesaria que conecta directamente con el cine de autor europeo contemporáneo. Una road movie llena de espacios diferentes, con personajes que se mueven entre el cine, el teatro, el amor y la vuelta a casa, o lo que queda de ella.
Un trabajo pródigo en sensaciones, a las que Ángel Santos nos ofrece acercarnos.
 
Daniel Froiz, Productor.



E esta é a programación para o ciclo de "Cans todo o ano":


luns, 26 de setembro de 2016

Inauguración da nova tempada 16/17

Festaa!
Este domingo inauguramos a nova e prometedora tempada do recentemente rechamado: Rebobina Cineclube.
A partir das 19h, e completamente de balde, poderedes gozar do visionado dunha boísima película escoitando sons e música incidental interpretados en directo no espazo do cine, atención ao peliculón:

"The Birds"
 Musicado en directo


Los Pajaros

"Os paxaros" (The Birds) é unha película estadounidense de 1963 dos xéneros de drama e terror dirixida por Alfred Hitchcock e con Tippi Hedren, Rod Taylor, Jessica Tandy, Suzanne Pleshette e Veronica Cartwright nos papeis principais. Baseouse nunha novela curta homónima de 1952 baseada á súa vez en feitos reais e escrita por Daphne du Maurier.


Aproveitando que Hitchcock eliminou a música incidental no desenvolvemento do filme para experimentar cos lapsos de silencio, eses lapsos valerán para que Paulo Pascual ( "Camarada Nimoy", "Modulador de Ondas" https://www.facebook.com/Moduladordeondas ) provoque unha nova experiencia no espectador cos sons emitidos por un theremin en unha guitarra eléctrica.


------------------------------------------------

Paulo Pascual

É dos poucos interpretes de theremin da península e o único de Galicia. O theremin é un instrumento electrónico ruso de principios de século, dos máis difíciles de tocar, posto que consiste en manipular o son achegando e alonxando as mans a dúas antenas (unha de tono e outra de volume).



Esta é a segunda vez que fai cine musicado en directo, a a anterior foi con "Miss Ledyia" (o primeiro filme de ficción galego que se coñece, rodado en 1916)
Ten feito xa varios obradoiros de achegamento a este peculiar instrumento a modo de traballo de divulgación e para mostrar as súas posibilidades melódicas, posto que é coñecido inxustamente só como unha especie de aparello xerador de ruidismos aleatorios, e a súas capacidades son moito máis grandes.





O remate do filme, respostará gustosamente a calquera cuestión técnica sobre o instrumento e o xeito de musicar a pelicula.



xoves, 9 de xuño de 2016

Remate de tempada

E rematou a 1ª tempada deste cineclube, agora xa estamos a pensar na seguinte. Polo momento podemos adiantarvos que teremos "Cans todo o ano" antes do nadal, e que temos moitas sorpresas co cinema e a música en directo.
Lembrade que fagades cando fagades a vosa inscripción no cineclube pagades por ano, os 45€ que máis renden!

martes, 24 de maio de 2016

Festival Novos Cinemas (Pontevedra)

Seguimos con festivais!

Este domingo temos a presentación do Festival Novos Cinemas de Pontevedra, un novo festival con novas tendencias que procura novos talentos da cinematografía.
Presentarán o festival e, como habitualmente, traerán con eles unha película que ilustre a súa tendencia, neste caso será "El hongo".