mércores, 8 de febreiro de 2017

Cinema e Muller. Xisela Franco



Visións é unha película que consta de dez curtametraxes realizadas por cineastas da provincia de Pontevedra. Dez olladas xenuínas onde cinema e arte se funden nunha produción íntima e poliédrica.

Esta iniciativa é un exemplo do que se pode facer para fomentar a construción de discursos narrados por mulleres. Porque se a linguaxe constrúe o mundo, e o audiovisual é unha linguaxe hoxe sabemos esencial, ás mulleres quédalles por de nir unha boa parte da súa historia. A realidade é que sen creadoras o imaxinario audiovisual das mulleres queda amputado, desexando pronunciarse para contribuir á creación dunha sociedade máis xusta. 

Domingo ás 19h 3,5€



Ningún comentario:

Publicar un comentario