luns, 26 de setembro de 2016

Inauguración da nova tempada 16/17

Festaa!
Este domingo inauguramos a nova e prometedora tempada do recentemente rechamado: Rebobina Cineclube.
A partir das 19h, e completamente de balde, poderedes gozar do visionado dunha boísima película escoitando sons e música incidental interpretados en directo no espazo do cine, atención ao peliculón:

"The Birds"
 Musicado en directo


Los Pajaros

"Os paxaros" (The Birds) é unha película estadounidense de 1963 dos xéneros de drama e terror dirixida por Alfred Hitchcock e con Tippi Hedren, Rod Taylor, Jessica Tandy, Suzanne Pleshette e Veronica Cartwright nos papeis principais. Baseouse nunha novela curta homónima de 1952 baseada á súa vez en feitos reais e escrita por Daphne du Maurier.


Aproveitando que Hitchcock eliminou a música incidental no desenvolvemento do filme para experimentar cos lapsos de silencio, eses lapsos valerán para que Paulo Pascual ( "Camarada Nimoy", "Modulador de Ondas" https://www.facebook.com/Moduladordeondas ) provoque unha nova experiencia no espectador cos sons emitidos por un theremin en unha guitarra eléctrica.


------------------------------------------------

Paulo Pascual

É dos poucos interpretes de theremin da península e o único de Galicia. O theremin é un instrumento electrónico ruso de principios de século, dos máis difíciles de tocar, posto que consiste en manipular o son achegando e alonxando as mans a dúas antenas (unha de tono e outra de volume).



Esta é a segunda vez que fai cine musicado en directo, a a anterior foi con "Miss Ledyia" (o primeiro filme de ficción galego que se coñece, rodado en 1916)
Ten feito xa varios obradoiros de achegamento a este peculiar instrumento a modo de traballo de divulgación e para mostrar as súas posibilidades melódicas, posto que é coñecido inxustamente só como unha especie de aparello xerador de ruidismos aleatorios, e a súas capacidades son moito máis grandes.





O remate do filme, respostará gustosamente a calquera cuestión técnica sobre o instrumento e o xeito de musicar a pelicula.



Ningún comentario:

Publicar un comentario