martes, 15 de novembro de 2016

"Fíos Fóra" Illa Bufarda, CANS TODO O ANO

Segunda proxección do programa "Cans todo o ano" froito da colaboración entre o Festival de Cans e  o Rebobina Cineclube.
Para esta sesión imos contar cun documental sobre o sector téxtil galego "Fíos Fóra", dirixido polo colectivo Illa Bufarda, un colectivo centrado na creación e comunicación audiovisual e en galego.
Por moi finos que sexan, detrás de tódolos fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema.

 Lembrade que para as proxeccións incluídas no programa de "Cans todo o ano" non son válidos os bonos por sesións do Rebobina!

Ningún comentario:

Publicar un comentario